Preguntas Frecuentes Carreira Profesional Solicitude de Grao Inicial

Preguntas Frecuentes Carreira Profesional Solicitude de Grao Inicial

 

SOLICITUDE DE GRAO INICIAL


Puntos 5 e 6 do Acordo de carreira profesional asinado pola Administración sanitaria  e as organizacións sindicais CIG, CESM, UGT, CSIF e SATSE (Diario Oficial de Galicia do 30 de xullo de 2018).

Resolución do 31 de xullo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 6 de agosto), pola que se inicia o procedemento para solicitar  o grao inicial.


Son persoal estatutario fixo. Podo solicitar o grao inicial?

Son persoal estatutario interino en praza vacante. Podo solicitar o grao inicial?

Son persoal estatutario fixo dunha categoría/especialidade e desempeño unha praza vacante doutra por promoción interna temporal. Podo solicitar o grao inicial nesta última?

Son persoal funcionario/laboral fixo, e non optei anteriormente pola integración no réxime estatutario. Podo solicitar o grao inicial?

En que prazo e como debo solicitar o grao inicial?



 

 

 

 

 

 

 

 

 





Son persoal estatutario fixo. Podo solicitar o grao inicial?

Si, se non ten ningún grao recoñecido na súa categoría/especialidade.

Nota transitoria (7 de agosto a 28 de setembro de 2018): comprobe as súas posibilidades para acceder ao réxime extraordinario e excepcional de encadramento.


Son persoal estatutario interino en praza vacante. Podo solicitar o grao inicial?

Efectivamente, e en calquera momento no que teña esa condición.

Son persoal estatutario fixo dunha categoría/especialidade e desempeño unha praza vacante doutra por promoción interna temporal. Podo solicitar o grao inicial nesta última?

Si, e en calquera momento dese desempeño.

Nota transitoria (7 de agosto a 28 de setembro de 2018): comprobe as súas posibilidades para acceder tamén ao réxime extraordinario e excepcional de encadramento (na categoría de orixe).

Son persoal funcionario/laboral fixo e non optei anteriormente pola integración no réxime estatutario. Podo solicitar o grao inicial?

Efectivamente, e en calquera momento. Vexa o punto 4 (ámbito de aplicación), 5 e 6 do Acordo de carreira profesional (Diario Oficial de Galicia do 30 de xullo de 2018).

Nota transitoria: no último trimestre de 2018 haberá unha nova oferta de integración no réxime estatutario, que facilitará o encadramento extraordinario na carreira profesional do persoal funcionario/laboral fixo. Vexa “outras cláusulas”, punto 4, do Acordo.

Nota transitoria (persoal do Centro de Transfusión de Galicia, actualmente ADOS): vexa ademais “outras cláusulas”, punto 3, do Acordo.

 
En que prazo e como debo solicitar o grao inicial?

O grao inicial poderá solicitarse en calquera momento no que se cumpran os requisitos (vexa requisitos nos puntos 5 e 6 do Acordo-Diario Oficial de Galicia do 30 de xullo de 2018), e desde o 7 de agosto de 2018.

A solicitude debe presentarse en modelo normalizado a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/expediente-e/”solicitudes”), consonte o procedemento que se establece na resolución do 31 de xullo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 6 de agosto), pola que se inicia o procedemento para solicitar  o grao inicial.

Recorde que para completar o proceso (presentación e rexistro da solicitude) requirirase un certificado dixital válido. Os certificados aceptados son os expedidos pola FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre), Camerfirma e o DNI electrónico (DNIe).

Nesta mesma páxina Web ten á súa disposición un Manual de rexistro de solicitudes.

Nota transitoria:  se vostede reúne o 7 de agosto os requisitos para solicitar o grao inicial (por exemplo, é persoal interino nesa data) non resultará prexudicado/a por adiar certo tempo a presentación da solicitude, pois as solicitudes de grao inicial presentadas ata o día 28 de setembro de 2018 terán efectos desde o 7 de agosto (sempre que nesa data xa se cumpriran os requisitos para o acceso). Vexa a disposición transitoria da resolución do 31 de xullo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 6 de agosto).