Hai que pagar algunha taxa por participar nestas probas selectivas? Existe algún motivo de reducción ou exención da taxa? Como e onde debe aboarse a dita taxa?

Hai que pagar algunha taxa por participar nestas probas selectivas? Existe algún motivo de reducción ou exención da taxa? Como e onde debe aboarse a dita taxa?

QUEN TEN QUE PAGAR TAXAS?
 
Todos os aspirantes que non se encontren incluídos nos supostos de exención ou bonificación de taxa, para participar neste proceso selectivo deberán aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe establecido na convocatoria e, de ser o caso, gastos de transferencia correspondentes.
 
 
QUEN ESTÁ EXENTO DO PAGO DA TAXA?

Estarán exentos do pago da taxa as persoas nas que concorran algunha das seguintes condicións: discapacidade igual ou superior ao 33%, ou membro de familia numerosa clasificada na categoría especial.
As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando xunto coa solicitude de participación no proceso copia compulsada da cualificación de discapacidade, ou copia compulsada do título oficial de familia numerosa especial.
 

QUEN TEN BONIFICACIÓN NO PAGO DA TAXA?

Aplicarase unha bonificación do 50% á inscrición solicitada polas persoas nas que concorra algunha das seguintes condicións: membros de familias numerosas de categoría xeral ou demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
As circunstancias da bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando xunto coa solicitude de participación copia compulsada do título oficial de familia numerosa xeral ou certificación negativa da percepción actual da prestación/subsidio por desemprego e da antigüidade como demandante de emprego expedida polo Servizo Público de Emprego.
 
 

QUE CONTÍA DEBO ABOAR?

A contía que se debe aboar por cada categoría en concepto de exame é a establecida na seguinte listaxe, dependendo de se o aspirante ten ou non dereito a bonificación.

CATEGORÍA TASA BONIFICACIÓN 50%
Técnico/a especialista en sistemas e tecnoloxías da información​ ​30,56 € ​15,28 €
Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información​ ​35,08 € ​17,54 €
Traballador/a social​ ​35,08 € ​17,54 €​
Técnico/a superior en prevención de riscos laboráis ​40,74 € 20,37 €​
​Médico/a de admisión e documentación clínica ​40,74 € ​20,37 €​
​​Odontólogo/a de atención primaria ​40,74 € ​20,37 €​
​​Pediatra de atención primaria ​40,74 € ​20,37 €​
​​Médico/a asistencial do 061 ​40,74 € 20,37 €​​
​​Médico/a coordinador/a do 061 ​40,74 € ​20,37 €​
​​Médico/a de urxencias hospitalarias ​40,74 € ​20,37 €​
​​Facultativo/a especialista de área (todas as especialidades) ​40,74 € ​20,37 €​

Lembre que deberá pagar unha taxa por cada unha das categorías ás que se vai presentar.