Que ocorre se me equivoco á hora de encher a instancia ou quero modificala unha vez gravada? Que debo facer se desexo modificar a miña solicitude unha vez pagada a taxa?

Que ocorre se me equivoco á hora de encher a instancia ou quero modificala unha vez gravada? Que debo facer se desexo modificar a miña solicitude unha vez pagada a taxa?

 
As modificacións que, con carácter excepcional lle resulte necesario efectuar ao/á aspirante nalgún dos datos contidos na solicitude de participación impresa efectuaranse mediante un escrito presentado por rexistro administrativo, dirixido á Unidade de Validación á que se enviou a inscrición inicial. Nel indicarase con claridade a modificación que se pretende.

Tal solicitude de modificación deberá presentarse, xunto coa instancia que modifica ou copia desta, a través do procedemento e prazo previstos na cláusula 5.2 e 5.3 da convocatoria.

Transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes, non se admitirán as modificacións das solicitudes previamente presentadas.

Se a taxa aboada se corresponde coa contía que lle corresponde aboar unha vez realizada a modificación non terá que facer nada. Noutro caso, deberá proceder ao pago.