Que documentos deben acompañar á solicitude?

Que documentos deben acompañar á solicitude?

 
Será necesario presentar nun rexistro administrativo a solicitude de inscrición xerada e confirmada a través do formulario electrónico, xunto coa documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos de participación. 
  • Fotocopia do NIF/NIE/Pasaporte. As persoas que accedan pola quenda de promoción interna non terán que presentar fotocopia do DNI ou pasaporte. 
  • Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na correspondente categoría/especialidade. 
Xustificante do pago da taxa, xa sexa total ou bonificada. Nos supostos de bonificación ou exención do pago de taxa deberá acreditar documentalmente as circunstancias que dean lugar á bonificación ou á exención.
 
A solicitude de validación de méritos, achegando toda a documentación acreditativa dos méritos que non figuren validados no seu expediente nos termos que se indican no Anexo V.
 
Se posúe o CELGA que se require na súa categoría, ou o título equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia deberá presentar a documentación que o acredite aos efectos de resultar exento da realización do exercicio de lingua galega, nos termos expresados na convocatoria.