Será necesario presentar nun rexistro administrativo a solicitude de inscrición xerada e confirmada a través do formulario electrónico, xunto coa documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos de participación.
Xustificante do pago da taxa, xa sexa total ou bonificada. Nos supostos de bonificación ou exención do pago de taxa deberá acreditar documentalmente as circunstancias que dean lugar á bonificación ou á exención.
A solicitude de validación de méritos, achegando toda a documentación acreditativa dos méritos que non figuren validados no seu expediente nos termos que se indican no Anexo V.
Se posúe o CELGA que se require na súa categoría, ou o título equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia deberá presentar a documentación que o acredite aos efectos de resultar exento da realización do exercicio de lingua galega, nos termos expresados na convocatoria.