Equipamento en Diagnóstico pola Imaxe e Radioterapia

Equipamento en Diagnóstico pola Imaxe e Radioterapia

Normativa e Documentación aplicable á contratación deste tipo de equipamento.

A Consellería de Sanidade, no ámbito das súas competencias, vela polo cumprimento das normas básicas establecidas nas disposicións legais, regulamentarias e administrativas vixentes sobre todos e cada un dos aspectos relativos á adquisición de equipamento en áreas como o diagnóstico pola imaxe e a radioterapia.
 
Mediante a Orde do 6 de febreiro de 2003 creouse a "Comisión Técnica Asesora sobre Equipamento en Diagnóstico pola Imaxe e Radioterapia" co fin de establecer as características técnicas, como paso previo á adquisición de novo equipamento, que garantan a eficiencia da instalación, a integración cos sistemas de información e o cumprimento da lexislación sobre criterios de calidade e protección radiolóxica.

De acordo coa citada Orde, todas as adquisicións de equipamento de diagnóstico pola imaxe e radioterapia da Consellería de Sanidade, Sergas, fundacións sanitarias e unidades dependentes deberán axustarse obrigatoriamente aos criterios técnicos en materia de garantía de calidade e de integración informática.

Estes criterios técnicos acordados pola "Comisión Técnica Asesora sobre Equipamento en Diagnóstico pola Imaxe" foron publicados mediante a Resolución de 18 de xuño de 2003. Todas as adquisicións de equipamento, incluídas aquelas por cesión ou doazón e os pregos de prescricións técnicas dos expedientes de contratación, se deberán axustar obrigatoriamente ao devanditos criterios.