logo Conselleria logo SERGAS
venres, 30 de xullo 2010
PILAR FARJAS PRESIDIU A TOMA DE POSESIÓN DE SAGRARIO PÉREZ CASTELLANOS COMO NOVA SECRETARIA XERAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

Sistema de lectura automática do Sergas


» Axuda


A conselleira de Sanidade salientou a gran experiencia da nova secretaria xeral cunha traxectoria moi vinculada á sanidade
Ademais Pilar Farjas destacou a entrega e o traballo desenvolvido polo secretario saínte, Roberto Pérez López, que deixa o cargo a petición propia por motivos persoais

A Coruña, 30 de xullo de 2010.-A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, presidiu esta mañá a toma de posesión de Sagrario Pérez Castellanos como nova secretaria xeral da Consellería de Sanidade. A actual directora de Saúde Pública e Planificación afronta esta nova etapa con grande ilusión e poñendo toda a súa experiencia ao servizo do departamento sanitario. Neste senso, a conselleira de Sanidade destacou a valía profesional de Pérez Castellanos, moi vinculada sempre ao departamento sanitario.

Farjas Abadía tamén agradeceu ao secretario xeral saínte, Roberto Pérez López, que cesa a petición propia debido a circunstancias persoais polas que se lle aconsella diminuír a carga de traballo, todo o esforzo que desenvolveu na Secretaria Xeral nesta lexislatura. O acto contou coa presenza do equipo directivo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde así como outros representantes da Xunta de Galicia e do sistema sanitario.

A conselleira de Sanidade destacou a experiencia de Pérez López e a importancia que supuxo para a administración sanitaria contar cun dos maiores expertos na área de dereito e lexislación sanitaria. Farjas Abadía tamén destacou a calidade profesional e humana do secretario xeral saínte ao que trasladou o cariño e solidariedade de todo o sector sanitario galego, e ao que solicitou, na medida do posible que continúe poñendo o seu coñecemento ao servizo da administración pública galega.

Traxectoria vinculada a Sanidade
Pérez Castellanos, licenciada en Veterinaria pola Universidade Complutense de Madrid e diplomada en Dirección pola Xunta de Galicia, conta cunha longa traxectoria profesional.

Actualmente estaba a desenvolver o seu traballo como directora xeral de Saúde Pública e Planificación, dirección na que desenvolveu gran parte da súa carreira profesional dende 1990 en calidade de funcionaria veterinaria e á fronte de diferentes Servizos da Dirección Xeral.

Tamén, ao longo da súa carreira profesional desenvolveu o seu traballo en Bruselas, nos anos 2003 e 2005, como conselleira para Asuntos Autonómicos na representación permanente de España ante a Unión Europea, adscrita ao Ministerio de Administracións Públicas.

Información de contacto
imaxe

Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde
Xunta de Galicia