logo Conselleria logo SERGAS
OS DOCUMENTOS QUE OBRAN EN PODER DA FEGAS CONFIRMAN A TRANSPARENCIA DO PROCESO DE ADQUISICIÓN DA SÚA SEDE

Sistema de lectura automática del Sergas


» Ayuda
Santiago, 13 de outubro de 2009.- Os documentos que obran en poder da Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas) da Xunta de Galicia confirman a transparencia do proceso de adquisición da súa sede.

Os locais da Fegas están compostos por unha planta de 320 m2 de oficinas, 880 m2 de aulario, 128 m2 de almacén na planta baixa e cinco prazas de garaxe.

Neste sentido, existe un primeiro acordo ante notario, con data de 13 de marzo de 2003, na que a cantidade para a adquisición do inmoble (baixo, oficinas e dúas prazas de garaxe) e o alugamento de aulas (e tres prazas de garaxe) con opción de compra ascende a un total de 2.994.034,82 euros.

Posteriormente, con data de 31 de marzo do mesmo ano, redáctase unha escritura notarial de subsanación, na que se expón:

"I.- Que o día 13 de marzo de 2003, en escritura autorizada por min, Notario, co número 882 de protocolo, ratificaron, aprobaron e protocolizaron un documento privado.
II.- Que na dita escritura se cometeron varios erros:
1.- Na certificación do acordo de padroado da Fundación Pública Escola Galega "FEGAS".
2.- Na redacción do contrato de arrendamento incorporado a tal escritura."

Mantense así notarialmente inalterado o apartado 1 do documento datado o 13 de marzo, no que figura o prezo de adquisición de compra en 820.992,15 euros correspondente só a baixo e oficinas (que inclúe oficinas, dúas prazas de garaxe e almacén). O que se corrixe, tamén ante notario, é o apartado 2 da escritura inicial, xa que a cantidade referida ao alugamento de aulas con opcións de compra vese modificada neste segundo documento, cunha diferenza acreditada ante notario de 79.846,19 euros. Desta maneira, a cantidade total -recollida no novo texto- ascende a 3.073.881,01 euros.
Información de contacto
imaxe

Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde
Xunta de Galicia