Benvido/a ao sistema de subscrición persoalizado de SMS do Servizo Galego de Saúde, dende o que vostede poderá dar de alta, baixa ou modificar as súas subscricións.
Coa finalidade de garantir a confidencialidade dos seus datos, para acceder a este servizo é indispensable que teña un certificado dixital de usuario válido expedido pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT) ou un DNI electrónico.
O uso indebido do certificado dixital ou do DNI electrónico será responsabilidade da persoa titular do mesmo.

Se non dispón do mesmo ou quere solicitar unha inscrición a terceiras persoas, pode realiza-la subscrición persoalmente no seu centro hospitalario de referencia mediante o formulario dispoñible na
información destacada.