Información para os nenos en idade escolar
Estás a recibir esta información porque no teu colexio, instituto ou campamento está a ser investigada unha agrupación de casos que poden ser de gripe A(H1N1)
Ante a aparición de agrupación de casos confirmados producidos polo novo virus da gripe A (H1N1) en México, EEUU, Reino Unido, Canadá, Australia, España e noutros países, a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou a alerta ante o posible desenvolvemento dunha grande epidemia de gripe. Por iso é importante proceder da forma correcta para evitar a difusión do virus.
Que é a gripe A(H1N1)?
A gripe polo novo virus A(H1N1) prodúcea un novo subtipo do virus da gripe fronte ao que, precisamente por ser novo, non estamos inmunizados e hai moitas persoas que estarán en risco de contraelo. En contraste, moitas persoas teñen inmunidade fronte aos virus da gripe común (a gripe que se presenta, fundamentalmente no inverno, todos os anos) polo que a poboación susceptible de infectarse é menor.
Que síntomas produce?

Os síntomas son semellantes aos da gripe común
Canto tempo pode unha persoa enferma transmitir a enfermidade?
As persoas enfermas poden transmitir a enfermidade, dende o día anterior a presentar os síntomas ata 7 días despois de que enfermaron. Os nenos pequenos poden ser contaxiosos máis tempo.
Cómo se propaga?
A gripe propágase, principalmente, dunha persoa a outra por medio das gotiñas respiratorias procedentes da tose e os esbirros dunha persoa infectada que, a través do aire, se depositan na boca ou no nariz das persoas próximas. Tamén pode propagarse cando tocamos unha superficie contaminada por estas gotiñas, como unha mesa, tiradores de portas, e a continuación tocamos os ollos, boca ou nariz antes de lavarnos as mans.
Como podo previr a enfermidade?
Practicar hábitos hixiénicos axuda a previr a enfermidade:
- 1. Evita o contacto próximo con outras persoasEvita acercarte a persoas enfermas. Se estás enfermo, mantente lonxe doutras persoas para protexelas e evitar que elas tamén enfermen.
- 2. Queda na casa se estás enfermoSe é posible, queda na casa e non asistas nin á escola nin a lugares públicos.
- 3. Cúbrete a boca e o narizCúbrete a boca e o nariz cun pano, ou co brazo se non tes pano, cando tusas ou esbirres
- 4. Lávate as mansLavarse as mans con frecuencia axuda a se protexer.
- 5. Trata de non tocarte os ollos, o nariz e a bocaAs persoas poden contaxiarse cando tocan algunha superficie que está contaminada e logo tocan os seu ollos, nariz ou boca.
PREVENCIÓN DA TRANSMISIÓN DA GRIPE A(H1N1)
Cando o espazo o permita, manterse polo menos a 1 metro de distancia doutras persoas
Cubrirse a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar

Tuse ou esbirra sobre un pano de papel e logo tírao ao lixo.

OUTuse ou esbirra contra o brazo e non contra as mans se non tes un pano de papel.
Lavar e manter as mans limpas

Lava as mans cada vez que tusas ou esbirres.Lávaas con auga tibia e xabón durante 20 segundos. Lávaas, tamén, entre os dedos.

OUUsa xel desinfectante baseado en hidro-alcohol, que non precisa auga. Pódese comprar na maioría dos supermercados e farmacias. Se usas xel, refrega as mans ata que o xel se seque.