NOVIDADES de Epidat 4 (9 de xullo de 2012):
- Está dispoñible o módulo de Análise bayesiana.
- Actualizouse a axuda xeral do programa.
- Actualizouse o editor de gráficos.
- Actualizáronse os módulos de Axustamento de taxas e Concordancia e consistencia.
A versión de Epidat 4 que se pode descargar actualmente leva incorporadas estas actualizacións, pero tamén é posible incorporalas por separado ao programa xa instalado. Na páxina de descarga están as instruccións detalladas para realizar o proceso de actualización.
Por ser de libre distribución non so se permite, senón que se agradece a súa difusión e calquera tipo de crítica ou comentario que axude a mellorar futuras versións.
Actualmente existen dúas versións de Epidat, a 3.1 e a 4.0. A versión máis recente non substitúe totalmente á anterior porque non inclúe de momento todos os módulos da súa predecesora. Inicialmente, Epidat 4.0 saíu á luz con 8 dos 19 módulos previstos, e os restantes módulos estanse engadindo progresivamente (
Lista de módulos).
Servizo de Epidemioloxía
Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
Edificio administrativo San Lázaro, s/n
15703, Santiago de Compostela
A Coruña, España
Tf: 881-54 67 59
Fax: 881-54 29 70
e-mail:
soporte.epidat@sergas.es
web:
http://dxsp.sergas.es