
Co obxectivo de mellorar a accesibilidade ao sistema sanitario de todos os cidadáns ponse en marcha o teléfono
902 400 116. Neste teléfono atopará información e consellos relacionados coa saúde e coidados asistenciais sobre situacións que non requiran atención sanitaria urxente.
O teléfono 902 400 116, é un número fácil de memorizar a fin de darche acceso rápido e sinxelo ao servizo que precisas. O custo da chamada varía segundo a súa duración e depende do operador co que teñas contratada a túa liña telefónica. Non obstante, este servizo está conectado a un número telefónico convencional (981 953400), ao que, se prefires, tamén podes chamar para aproveitar as vantaxes da tarifa que teñas contratada coa túa compañía telefónica.