Xunta de Galicia. Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

EpiLinux 2.0


EpiLinux
EpiLinux é software libre, distribuído baixo licenza GPL. É un Sistema Operativo, distribución completa de Linux, especialmente orientado á utilización de ferramentas de análise epidemiolóxica e bioestatística. Pretende achegar un sistema completo e autónomo, de doado manexo e de utilidade para todos os profesionais, que desenvolven a súa actividade nos campos da epidemioloxía, a bioestatística e os estudos de saúde.
Está baseado en Ubuntu e inclúese unha recompilación de software, dende ferramentas ofimáticas (OpenOffice,...), software de Internet e multimedia (Firefox...) ata programas específicos de bioestatística, de análise de datos e epidemiolóxicos (epidat, R, PSPP, SciLab, Octave, QGIS, EpiGrass, OpenEpi...). Tamén dispón de WINE que permite executar aplicacións deseñadas para Windows. Ademais, inclúense os repositorios necesarios para poder manter actualizado o sistema.
Pódese utilizar como un sistema "live" e executar directamente dende o DVD evitando así a interacción con instalacións previas doutros sistemas operativos. Tamén se pode instalar nunha unha unidade USB externa (pendrive, disco duro...). Así mesmo, pódese instalar no disco duro do equipo como sistema único ou compartido con outros sistemas operativos.
Para poder utilizar EpiLinux, deberemos descargarnos o ficheiro ISO (1,5 Gb aprox) e gravalo nun DVD (como imaxe de disco) ou nun pendrive (neste caso, débese utilizar un software semellante a Universal USB Installer). Para cargar a versión "live" de EpiLinux 2.0 basta con indicarlle ao ordenador que arranque dende a unidade de CD/DVD ou USB (segundo sexa o noso caso). Unha vez que se instalou o sistema, dende o menú principal, podemos elixir entre utilizar a versión "live" ou instalalo no disco (user e password: epilinux).

Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia