Xunta de Galicia. Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

Atención Bucodental


Que é

Atención primaria conta co apoio de profesionais que se ocupan da saúde bucodental da poboación, realizando actividades asistenciais, de carácter preventivo e de educación sanitaria.
En 2002, o programa de saúde bucodental ampliou as clásicas prestacións asistenciais, engadindo outras de carácter preventivo, reparadoras e de educación sanitaria.

Acceso

A atención bucodental é unha actividade fundamentalmente preventiva, incluída na práctica diaria do médico de familia, pediatra e matrona. Estes profesionais coñecen as actividades que poden beneficiar a súa saúde da cidadanía e indican, en función das súas características o acceso as unidades de Saúde bucodental.
O 100% da poboación galega menor de 15 anos ten asignado un dentista de referencia para a execución do Programa de Saúde Bucodental.

Oferta de servizos

Os servizos de atención bucodental ofertados en Atención primaria son:
  • Poboación infantil de 0 a 14 anos:
    • Información e educación en materia de hixiene e saúde bucodental
    • Detección precoz da mala oclusión
    • Aplicación profesional tópica de flúor
    • Colocación de selados en fisuras
    • Obturación de carie simple en dentes permanentes
  • Adultos e grupos de risco:
    • Información e educación en materia de hixiene e saúde bucodental
    • Exploración preventiva da cavidade oral
  • Xestantes:
    • Exploracións preventivas da cavidade oral
    • Educación para a saúde bucodental
    • Limpeza con ultrasóns
  • Poboación xeral:
    • Tratamento dos procesos agudos odontolóxicos e das urxencias
As unidades de Atención bucodental están formadas por médicos especialistas, odontólogos e hixienistas dentais. Sitúanse en Centros de Saúde que atenden unha determinada zona xeográfica.

Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia