Xunta de Galicia. Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

Unidades de Fisioterapia


Que é

A tendencia do sistema sanitario é facilitar cada vez máis servizos especializados en Atención primaria e a fisioterapia é un deles.
As unidades de fisioterapia dos Centros de Saúde proporcionan apoio básico para a recuperación dun paciente dun amplo rango de problemas e enfermidades, tales como fracturas, cirurxía, patoloxía reumática e artrose, contracturas musculares, lumbalxias , hernias discais ou fisioterapia respiratoria.

Acceso

O tratamento mediante estas técnicas é indicado polo médico especialista rehabilitador e realizado polos fisioterapeutas do Centro de Saúde.

Oferta de servizos

Os servizos de fisioterapia ofertan tratamentos, mediante técnicas tales como:
  • Cinesiterapia
  • Electroterapia, analxésica e antiinflamatoria
  • Termoterapia: ultrasóns, microondas, parafina, crioterapia
  • Tracción vertebral: Cervical e lumbar
  • Bomba de presión multicompartimental para extremidades superiores e inferiores
  • Mecanoterapia
Os servizos son ofertados a través dun equipo de profesionais fisioterapeutas que contan coas tecnoloxías adecuadas no eido da rehabilitación, que inclúen un amplo rango de técnicas de tratamento.
As unidades de fisioterapia dos Centros de Saúde atenden zonas delimitadas de poboación e actúan como unidades complementarias e de apoio aos Servizos de Rehabilitación hospitalarios de referencia.

Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia