Xunta de Galicia. Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

Oficina do profesional / Expedient-e (FIDES)


A Oficina Virtual do Profesional (FIDES) exponse como unha canle de comunicación personalizado entre o Sergas / Consellería e os seus profesionais, fundamentalmente no ámbito da súa relación administrativa / laboral.
  • Acceso de forma segura e personalizada á información relativa á súa relación administrativa coa organización.
  • Incorporación do concepto de administración electrónica no contexto dos procedementos e procesos derivados da relación laboral dun profesional co centro no que traballa.
FIDES proporciona nun acceso único información do profesional relativo á súa relación laboral con calquera dos centros de xestión do Sergas (Hospitais, Complexos Hospitalarios, Xerencias de Atención Primaria do Servizo Galego de Saude, Fundacións Públicas Hospitalarias). A administración sanitaria presenta unha "cara" única para calquera profesional que traballe neles.
Para garantir o acceso seguro e a confidencialidade da información exponse dous modos de identificación de usuario:
  • Validación de usuario personalizado no Directorio Activo (o usuario e contraseña persoais do profesional).
  • Identidade dixital. Certificado dixital.
No seu alcance xeral, o sistema debe cubrir os servizos que o profesional, e o centro no que traballan, precisa en termos da súa relación administrativa. E por extensión todo aquilo que configure o expediente do profesional na súa relación laboral/profesional co Sergas e os seus centros dependentes.
O profesional dispón de:
  • Información relativa a retribucións económicas: ficha de haberes, recibos de nóminas, trienios, anticipos, retencións.
  • Información relativa aos seus vínculos cos centros do Sergas: Períodos de vinculación, períodos de ausencia.
  • Consultas de carteleiras de quendas, dietas.
  • Integración de procedementos / servizos de interacción co centro/Sergas. Solicitude de / tramitación de:
    • Cambios de datos persoais / IRPF.
    • Solicitude de permisos.
    • Solicitudes de certificados.
    • Inscripción en procesos.
  • Aspecto didáctico/informativo do sistema. Información xeral e personalizada de procesos do Sergas ou particulares dun centro e/ou profesional: guía de acollida.
A consolidación do sistema completará o expediente do profesional integrando aspectos como carreira profesional e formación.

Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia