Xunta de Galicia. Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

Departamentos territoriais de A Coruña, Lugo e Ourense


Os departamentos territoriais da Coruña, Lugo e Ourense, á fronte dos cales estará un Xefe ou unha Xefa territorial, exercerán as seguintes funcións:
  • Dirixir a xestión dos servizos da xefatura territorial e exercer a supervisión, coordinación e seguimento das súas actividades, e en particular, a información e atención ao cidadán, o rexistro e arquivo e o réxime interior, asumindo a representatividade plena dos mesmos.
  • Coordinar o persoal do departamento territorial da Consellería.
  • Elaborar a proposta das dotacións orzamentarias do departamento que se incluirá no anteproxecto de orzamentos da Consellería; coñecer e dirixir a xestión económica e o control da execución dos créditos orzamentarios asignados; a coordinación, execución e control dos plans e programas de actuación da Consellería, tanto no ámbito da planificación e ordenación sanitaria, como de farmacia e saúde pública, e a recepción, tramitación e resolución, se fose o caso, de cantas denuncias, queixas e reclamacións se produzan no seu ámbito competencial.
  • Incoar e tramitar os expedientes sancionadores derivados da comisión de infraccións administrativas no ámbito das súas competencias, e a resolución daqueles que lle atribúa a normativa vixente, así como acordar a suspensión temporal do exercicio de actividades, a incautación ou a inmovilización de produtos, a intervención de medios e outras de carácter cautelar, no ámbito da Lei 8/2008, de 10 de xullo, de saúde de Galicia, da normativa de ordenación farmacéutica e das normas sectoriais que resulten de aplicación.
  • As funcións encomendadas en materia de tramitación e proposta polo Decreto 146/2001, de 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, cerramento e transmisión de oficinas de farmacia, e as tamén encomendadas polo Decreto 176/2001, de 12 de xullo, sobre creación, apertura e funcionamento dos servizos de farmacia e depósitos de medicamentos nas estruturas de atención primaria, así como as previstas pola Orde de 20 de novembro de 2001, pola que se establecen os requisitos e procedementos de autorización das boticas anexas.
  • As funcións que lle outorga o Decreto 77/2001, de 29 de marzo e demais normativa en materia de centros, servizos e establecementos sanitarios; as funcións establecidas no Decreto 97/1998, en relación coa publicidade sanitaria e as funcións establecidas nos Decretos 245/2009, de 30 de abril, Decreto 87/1990, de 15 de febreiro e Decreto 88/1990, de 15 de febreiro.
  • Calquera outra función ou atribución que a lexislación vixente confíralles ou que lles sexa expresamente atribuídas ou delegadas pola Conselleira ou Conselleiro de Sanidade.
Integran os departamentos territoriais os seguintes servizos:
  • Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria. (Funcións)
    • O seguimento, vixilancia e avaliación do cumprimento do Plan de saúde de Galicia; a tramitación e informe dos expedientes de autorización previa, de creación e modificación dos centros, servizos e establecementos sanitarios, e de fabricación, distribución e venda de produtos sanitarios, de conformidade co disposto na súa normativa reguladora, así como, a tramitación das iniciativas de creación de Servizos de farmacia e depósitos de medicamentos.
    • O seguimento do cumprimento do aseguramento dos dereitos dos cidadáns e a análise das queixas e reclamacións sobre as prestacións sanitarias, no relativo ao aseguramento dos dereitos dos cidadáns.
    • A xestión da Unidade Provincial de Tarxeta Sanitaria; verificar a execución das medidas adoptadas pola Subdirección Xeral de Farmacia como consecuencia das alertas sobre riscos relacionados cos medicamentos ou produtos sanitarios nos centros, establecementos e servizos sanitarios; a emisión de informes e avaliación dos programas e actividades encomendados, e en xeral, aquelas que dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.
  • Servizo de Xestión. (Funcións)


    A organización da execución de programas e o control previo do gasto derivado da execución dos programas que se lle encomenden á Xefatura territorial; a elaboración e emisión de informes técnico-xurídicos de apoio á Xefatura territorial, así como a tramitación de expedientes en materia de infraccións e sancións e as propostas de recoñecementos de interese sanitario para actos de carácter científico, e, en xeral, aquelas que dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.
  • Servizo de Alertas Epidemiolóxicas. (Funcións)


    A xestión e control de brotes epidémicos, alertas e crises sanitarias; a coordinación e seguimento do sistema de alerta epidemiolóxica; a organización da execución das actividades do Plan de Prevención e Control das Enfermidades Transmisibles, Estratexia de prevención e control do VIH/SIDA, Programa Galego de vacinacións e do Programa Galego de Prevención e Control de Tuberculose; a organización da execución de actividades de prevención e control de enfermidades transmisibles; a coordinación e emisión de informes e avaliación dos programas e actividades encomendados, e, en xeral, aqueloutras que dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.
  • Servizo de Control de Riscos Ambientais. (Funcións)


    A tramitación e supervisión do cumprimento das directrices en materia de control de riscos ambientais para a saúde; a vixilancia e control do cumprimento das disposicións ditadas en materia de seguridade alimentaria e de sanidade ambiental e a execución das inspeccións en ambas as materias; a proposta e incoación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de seguridade alimentaria e/ou de sanidade ambiental; a tramitación dos expedientes administrativos de centros, establecementos e servizo non sanitarios ou sustancias, distintas dos medicamentos; a coordinación e emisión de informes e avaliación dos programas encomendados e, en xeral, aqueloutras que dentro do seu ámbito lle sexan asignadas.
  • Servizo de Laboratorio de Saúde Pública. (Funcións)


    O desenvolvemento das actividades de laboratorio de saúde pública; a execución das análises que se lle encomenden en materia de saúde pública; o deseño e a implantación dos programas de calidade no laboratorio; a emisión de informes e avaliación dos programas e actividades encomendados, e en xeral, aqueloutras que dentro do seu ámbito lle sexan asignadas
  • Servizo de Inspección de servizos sanitarios. (Funcións)
    • O desenvolvemento do Plan Anual de Inspección no seu ámbito de servizos sanitarios e territorial; as actuacións de inspección e auditoría para a valoración e tramitación das queixas e reclamacións en relación co sistema sanitario.
    • A inspección, avaliación e control da xestión e asistencia sanitaria prestado en todo tipo de centros e servizos, dos concertos e autorizacións de uso sanitario e asistencia sanitaria prestada por mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, e empresas colaboradoras; dos dispositivos de coordinación de urxencias e emerxencias e prestacións sanitarias complementarias, dos dispositivos de transporte sanitario, así como, a realización de propostas de autorizacións de centros e servizos sanitarios, da prestación farmacéutica e control de medicamentos e produtos sanitarios e do sistema de farmacovixilancia.
    • A inspección e control dos medios de publicidade do medicamento; as auditorias de garantía de calidade en protección radiolóxica; a inspección e control sanitario da incapacidade laboral e a colaboración coa entidades xestoras en materia laboral e participación no equipo de valoración de incapacidades.
    • A inspección, avaliación e informe en relación cos aspectos sanitarios dos servizos de prevención de riscos laborais; instrucións do procedemento e elaboración dos informes técnico-sanitarios nos expedientes de responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria.
    • A tramitación dos procedementos disciplinarios do persoal facultativo estatutario; a instrución e proposta de resolucións dos procedementos sancionadores a establecementos farmacéuticos; a inspección e informe das actividades de investigación, así como da docencia pregraduada e postgraduada nos centros sanitarios e a realización dos informes preceptivos establecidos nos R. D. 772/1997, de 30 de maio e 1598/2004, de 2 de xullo.
    • Aqueloutras que dentro do seu ámbito de actuación lle sexan asignadas.

Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia