Xunta de Galicia. Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

O Consello de Dirección


Estará integrado polos seguintes membros:
  • A Conselleira ou Conselleiro de Sanidade, que será o seu presidente.
  • O Secretario ou Secretaria xeral da Consellería de Sanidade, que será o seu vicepresidente e coordinador.
  • A Xerente ou o Xerente do Servizo Galego de Saúde.
  • A Directora ou Director xeral da Consellería de Sanidade e os Directores do Servizo Galego de Saúde.
  • Os Xefes dos Departamentos Territoriais da Consellería de Sanidade.
  • Os xerentes ou as xerentes de área.
Actuará como secretario do Consello de Dirección, con voz pero sen voto, un funcionario da Consellería de Sanidade nomeado pola Conselleira ou Conselleiro de Sanidade.
O Consello de Dirección funcionará sempre en pleno e reunirase, como regra xeral unha vez ao mes e sempre que sexa convocado pola súa presidencia.
Poderán asistir ás sesións do consello, con voz pero sen voto, os asesores técnicos ou as persoas representantes de organismos e outras entidades, cando a presidencia considéreo oportuno.
Serán funcións do Consello de Dirección:
  • Definir os posicionamentos e orientacións de carácter estratéxico da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
  • Definir as políticas de financiamento e orzamentos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
  • Definir as políticas de recursos humanos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
  • Definir os proxectos de carácter estratéxico da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
  • Definir o cadro de mando da alta dirección da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
  • Elaborar todos aqueles informes, en materia da súa competencia, que lle sexan solicitados pola presidencia do Consello de Dirección.

Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia