logo Conselleria logo SERGAS

A rede hospitalaria galega


Hospitais

Así, a rede hospitalaria galega está constituída por 32 hospitais, 31 de carácter público.


A rede hospitalaria galega queda constituída por sete complexos hospitalarios, dous hospitais xerais, seis comarcais e un de media estadía (en total 32 hospitais), coa seguinte distribución por provincias:


A Coruña:

  • Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (4 hospitais)
  • Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (4 hospitais)
  • Xerencia da Área de Ferrol (2 hospitais)
  • Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira (Cee)
  • Fundación Pública Hospital da Barbanza (Ribeira)

Lugo:

  • Complexo Hospitalario Xeral-Calde (3 hospitais)
  • Hospital da Costa (Burela)
  • Hospital Comarcal de Monforte

Ourense:

  • Complexo Hospitalario de Ourense (4 hospitais)
  • Hospital Comarcal de Valdeorras
  • Fundación Pública Hospital de Verín

Pontevedra:

  • Complexo Hospitalario de Pontevedra (2 hospitais)
  • Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (5 hospitais)
  • Fundación Pública Hospital do Salnés
  • POVISA (concertado)

Outras unidades

Outras unidades de carácter público apoian á prestación de servizos especializados da Rede hospitalaria:
  • Instituto Galego de Medicina Técnica (Medtec)
  • Fundación Galega de Medicina Xenómica
  • Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía
  • Centro de Transfusión de Galicia
  • 061: Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia

Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde
Xunta de Galicia