Xerencias de Atención Primaria
Representan los órganos directivos, encargados da xestión dos recursos sanitarios dentro da súa área de influencia, por tanto, cun ámbito de actuación territorial.
- Xerencia de Atención Primaria A Coruña
- Xerencia de Atención Primaria de Santiago
- Xerencia de Atención Primaria Lugo
- Xerencia de Atención Primaria Ourense
- Xerencia de Atención Primaria Pontevedra
- Xerencia de Atención Primaria Vigo
Organigrama da Xerencia. Funcións:
Director Xerente: É o responsable de garantir a adecuada prestación de servizos e a supervisión de todas as actividades en Atención primaria.
Dependendo xerárquicamente do director xerente están: o director asistencial e o director de Xestión e Servizos xerais. Do director asistencial dependerá directamente o director ou directores médicos, ou, se é o caso o subdirector ou subdirectores médicos, o director ou directores de enfermaría ou, se é o caso , o subdirector ou subdirectores de enfermaría e mailos técnicos de saúde.
Do director de xestión e servizos xerais dependerá o subdirector ou subdirectores de Xestión e servizos xerais.
Director asistencial: Correspóndelle a dirección, coordinación e supervisión e avaliación dos programas e actividades asistenciais da xerencia.
Director de xestión: Correspóndelle a dirección, coordinación e supervisión e avaliación da actividade económico-administrativa da xerencia.
Director médico: Correspóndelle a dirección, coordinación e supervisión das actividades médicas da xerencia.
Director de EnfermaríaCorrespóndelle a dirección, coordinación e supervisión das actividades de enfermaría da xerencia.
Xerencia de Área
Xerencia de Área: En 2005 creouse a Xerencia de Área de Ferrol, como un novo modelo organizativo que integra a estructura de atención primaria e especializada.
A Área Sanitaria de Ferrol, é unha estructura organizativa sen personalidade xurídica, que xestiona a rede galega de atención sanitaria de utilización pública no seu ámbito territorial e integra todos os centros de atención primaria e atención especializada do Sergas.
Realiza a xestión unitaria dos recursos sanitarios do seu ámbito territorial, así como das prestacións e programas sanitarios que desenvolvan, excepto as funcións de autoridade sanitaria.
Os centros sanitarios do Sergas que pasan a integrarse na Area Sanitaria de Ferrol son a Dirección de Ferrol da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol e o Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.
Órganos unipersoais.
- Director Xerente de Área
- Director Asistencial de Procesos
- Director de Recursos Económicos e Servizos Xerais
- Director de Recursos Humanos
Órganos colexiados:
b) Órganos técnicos de asesoramento da Comisión de Dirección:
- Comisión de Calidade
- Comisión Asistencial
- Comités técnico - sanitarios
c) Órganos colexiados de participación:
- Comité de Seguridade e Saúde Laboral
- Comisión de Participación Cidadá