Xunta de Galicia. Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

Xerencias de Atención Primaria


Representan los órganos directivos, encargados da xestión dos recursos sanitarios dentro da súa área de influencia, por tanto, cun ámbito de actuación territorial.
  • Xerencia de Atención Primaria A Coruña
  • Xerencia de Atención Primaria de Santiago
  • Xerencia de Atención Primaria Lugo
  • Xerencia de Atención Primaria Ourense
  • Xerencia de Atención Primaria Pontevedra
  • Xerencia de Atención Primaria Vigo
Organigrama da Xerencia. Funcións:

Director Xerente: É o responsable de garantir a adecuada prestación de servizos e a supervisión de todas as actividades en Atención primaria.
Dependendo xerárquicamente do director xerente están: o director asistencial e o director de Xestión e Servizos xerais. Do director asistencial dependerá directamente o director ou directores médicos, ou, se é o caso o subdirector ou subdirectores médicos, o director ou directores de enfermaría ou, se é o caso , o subdirector ou subdirectores de enfermaría e mailos técnicos de saúde.
Do director de xestión e servizos xerais dependerá o subdirector ou subdirectores de Xestión e servizos xerais.

Director asistencial: Correspóndelle a dirección, coordinación e supervisión e avaliación dos programas e actividades asistenciais da xerencia.

Director de xestión: Correspóndelle a dirección, coordinación e supervisión e avaliación da actividade económico-administrativa da xerencia.

Director médico: Correspóndelle a dirección, coordinación e supervisión das actividades médicas da xerencia.

Director de EnfermaríaCorrespóndelle a dirección, coordinación e supervisión das actividades de enfermaría da xerencia.

Xerencia de Área

Xerencia de Área: En 2005 creouse a Xerencia de Área de Ferrol, como un novo modelo organizativo que integra a estructura de atención primaria e especializada.

A Área Sanitaria de Ferrol, é unha estructura organizativa sen personalidade xurídica, que xestiona a rede galega de atención sanitaria de utilización pública no seu ámbito territorial e integra todos os centros de atención primaria e atención especializada do Sergas.
Realiza a xestión unitaria dos recursos sanitarios do seu ámbito territorial, así como das prestacións e programas sanitarios que desenvolvan, excepto as funcións de autoridade sanitaria.
Os centros sanitarios do Sergas que pasan a integrarse na Area Sanitaria de Ferrol son a Dirección de Ferrol da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol e o Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.
Órganos unipersoais.
  • Director Xerente de Área
  • Director Asistencial de Procesos
  • Director de Recursos Económicos e Servizos Xerais
  • Director de Recursos Humanos
Órganos colexiados:
a) De dirección:
  • Comisión de Dirección.
b) Órganos técnicos de asesoramento da Comisión de Dirección:
  • Comisión de Calidade
  • Comisión Asistencial
  • Comités técnico - sanitarios
c) Órganos colexiados de participación:
  • Comité de Seguridade e Saúde Laboral
  • Comisión de Participación Cidadá

Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia