A Conselleira
A Conselleira ou Conselleiro de Sanidade é a superior autoridade da Consellería, e con tal carácter desempeña e exerce as competencias que lle confiren a Lei de Galicia 1/1983, de 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, de 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, de 28 de marzo; e a Lei 2/1996, de 8 de maio, de Galicia sobre drogas, en relación co Decreto 254/1997, de 10 de setembro e a Lei 5/1999, de 21 de maio, de Ordenación Farmacéutica.