Xunta de Galicia. Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde
Sistema de lectura automática do Sergas


» Axuda

A Sanidade pública


HistoriaO Sistema Público de Saúde de Galicia actual é froito dos avances sociais consolidados ao longo do século XX e o seu desenvolvemento en Galicia deriva do ordenamento político, establecido na Constitución española e no Estatuto de Autonomía de Galicia, en 1978.
A previsión constitucional respecto do dereito de toda a cidadanía á protección da saúde, desvincula progresivamente a asistencia sanitaria e da Seguridade Social, para conferir á atención sanitaria un carácter universal. Así, en 1979 o Instituto Nacional de Previsión da paso ao Instituto Nacional da Saúde, como responsable da xestión e administración dos servizos sanitarios do Sistema de Seguridade Social. E, posteriormente, o dereito á asistencia sanitaria esténdese as persoas sen recursos económicos suficientes.
Sen embargo, a primeira reforma no enfoque na asistencia sanitaria non toma forma definitiva ata 1986, ano en que se promulga a Lei Xeral de Sanidade, que configura un novo modelo de organización dos servizos sanitarios: o Sistema Nacional de Saúde.
O Sistema Nacional de Saúde fundaméntase no principio de que toda persoa ten dereito á saúde, independentemente da súa situación económica e laboral. O Estado responsabilízase plenamente de garantir este dereito xestionando e financiando a través dos presupostos xerais, un servizo sanitario que integra, ordena e normaliza todas as funciones sanitarias, o cal debe permitir o paso dunha concepción presidida pola enfermidade a unha práctica sanitaria baseada na saúde igual para todos.
A Xunta de Galicia recibe en 1980 as primeiras transferencias en materia de sanidade, - saúde pública e sanitarios locais- , e once anos máis tarde as relativas á asistencia sanitaria. En 1991, culmínase o traspaso das funcións e servizos do Instituto Nacional da Saúde (Insalud) e con elas os recursos humanos e materiais vinculados ás actividades de asistencia sanitaria, que son asignados ao Servizo Galego de Saúde, creado no ano 1989 como un organismo autónomo adscrito e tutelado pola Consellería de Sanidade.
Desde 1991 ata a actualidade, o Sistema Público de Saúde de Galicia foi incorporando cambios na estrutura e organización para adaptarse ás esixencias da cidadanía e o cumprimento de obxectivos en saúde.



















Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia