logo Conselleria logo SERGAS

Clases sen fume 2009-10


Clases sen fume é un concurso europeo para a prevención do tabaquismo dirixido a escolares de 1º e 2º da ESO (mozos e mozas de 12 a 14 anos de idade).

A competición baséase
  • no compromiso colectivo de toda a clase e o seu educador/a de manterse sen fumar durante un período de 6 meses consecutivos durante o curso escolar
  • na responsabilidade e confianza mutuas de todos eles
  • e no desenvolvemento dunhas actividades na aula
As clases que conseguen chegar ao final da competición participan no sorteo de varios premios.
A avaliación da competición en anos anteriores, demostrou a súa efectividade para previr o inicio do tabaquismo.

 


Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde
Xunta de Galicia