V XORNADAS DE RESIDUOS EN ALIMENTOS: ANALÍTICA E INSPECCIÓN
Data e lugar de celebración
30 de setembro e 1 de outubro do 2009, Salón de Actos da Facultade de Veterinaria de Lugo. Campus Universitario. Lugo.
Organiza
Laboratorio de Saúde Pública.
Departamento Territorial de Lugo. Consellería de Sanidade.
Promove
Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación. Consellería de Sanidade.
Xunta de Galicia.
O Laboratorio de Saúde Pública do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Sanidade e a Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación, como continuación da liña que iniciaron coa celebración das Iª Xornadas sobre Residuos no ano 1995, organizan e promoven as V XORNADAS DE RESIUDOS EN ALIMENTOS: ANALÍTICA E INSPECCIÓN que terán lugar en Lugo os días 30 de setembro o 1 de outubro do 2009.
Novamente, o obxetivo é ofrecer unha oportunidade para o encontro entre os profesionais implicados na execución dos programas de residuos, para compartir coñecementos, experiencias e inquietudes, e dar a coñecer os nuevos avances na vixilancia e control de residuos, entendendo que en este marco foméntase tamén, a interacción entre a analítica e a inspección, actividades complementarias e que constitúen os pilares dos programas de control.