Area de Vigo

Area de Vigo

A Estratexia de Humanización é un vehículo para canalizar e dar soporte a infinidade de iniciativas que dende hai tempo contribúen a facer máis amable o contacto co sistema sanitario para as persoas usuarias.

Co fin de unir estratexias, darlle prioridade ás liñas de traballo comúns, despregar accións e homoxeneizar o proceso, levouse a cabo unha análise da situación dos diversos proxectos de humanización da asistencia sanitaria impulsados nas distintas áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde.  
No documento adxunto amósase un resumo das accións e iniciativas de humanización desenvolvidas previamente á publicación da Estratexia.