Xunta de Galicia. Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

Que información está dispoñible neste servizo?


Listas de espera

Vostede poderá acceder a seguinte información da súa estadía na lista de espera cirúrxica:
  • Data de actualización da información
  • Centro hospitalario
  • Servizo
  • Procedemento/s cirúrxico/s que está previsto realizar
  • Tipo de asistencia: cirurxía con ingreso ou sen ingreso
  • Prioridade da atención
  • Data de inclusión
  • Número total de días transcorridos desde a data de inclusión ata a data de actualización da información
  • Situacións da lista de espera polas que pasou e situación na que se atopa actualmente:
    • Data de inicio: correspóndese coa data de inclusión en lista de espera.
    • Data de fin: corresponde á data de actualización da información.
    • Situación: situación na que se atopa vostede na lista de espera na data da última actualización da información (pendente de intervención, en espera médica, pospón por vontade do paciente).
  • Días que vostede estivo na lista de espera estrutural desde a data de inclusión ata a data de actualización da información
  • Número total de cidadáns en lista de espera estrutural agardando para ser intervidos neste servizo, coa súa mesma prioridade e tipo de asistencia para todos os procedementos cirúrxicos (non só para o procedemento que se lle ten previsto realizar a vostede)

Información sobre outras actividades nos hospitais

Vostede pode ter outras actividades, tratamentos ou procedementos previstos nos hospitais que están convenientemente rexistradas nos sistemas de información dos hospitais pero aínda non están accesibles dende este servizo. Para consultar o estado da programación deste tipo de actividades diríxase ó seu centro.

Suscrición persoalizada SMS

A través da subscrición persoalizada vostede poderá ter ó alcance da súa man a información relativa ás súas citas médicas hospitalarias, asi coma múltiples avisos de saúde coma: campañas de vacinacións, consellos de saúde, alertas sanitarias...

Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia