Os comités de Ética Asistencial estarán integrados por un mínimo de 7 membros, que deberán ser:
- 3 licenciados ou licenciadas en medicina.
- 1 diplomado ou diplomada en enfermaría.
- 1 profesional sanitario, de titulación distinta ás anteriores.
- 2 persoas alleas ás profesións sanitarias, sendo unha delas, polo menos, licenciada en dereito.
Como mínimo, un destes membros terá acreditada a súa formación en bioética.
Non poderá formar parte dos Comités de Ética Asistencial o persoal directivo do hospital e de atención primaria.
Cada Comité de Ética Asistencial contará cun presidente ou presidenta e un secretario ou secretaria. O resto dos membros terán a consideración de vogais.
A participación como membros do comité será sempre voluntaria, e a título individual, nunca en representación de ningunha asociación ou colectivo.