Xestión de medicamentos estranxeiros

Xestión de medicamentos estranxeiros

PROCEDEMENTO

Tramitación das prescricións de medicamentos estranxeiros para pacientes en tratamento ambulatorio ó Ministerio de Sanidade a través da Subdirección Xeral de Farmacia do Servizo Galego de Saúde.


REQUISITOS/DOCUMENTACIÓN NECESARIA
  • Receita médica oficial
  • Informe do médico prescritor xustificando a necesidade terapéutica
  • Datos do paciente
SOLICITUDES

O médico prescritor cumprimentará o modelo A-2 (informe xustificativo da necesidade terapéutica) e modelo A-3 (datos do paciente).

Os pacientes presentarán a documentación na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade correspondente, nas que asimesmo facilitaranlle os medicamentos solicitados.​