Que supostos quedan excluídos do procedemento de garantía de tempos máximos de espera para unha intervención cirúrxica?

Que supostos quedan excluídos do procedemento de garantía de tempos máximos de espera para unha intervención cirúrxica?

Quedan excluídos:

◾ O transplante de órganos e tecidos, que dependen da súa dispoñibilidade.
 

◾ Outros procedementos que non sexan xestionados a través do Rexistro de pacientes en espera cirúrxica, agás os que se realicen durante a intervención programada, para resolver incidencias non previstas inicialmente.
 

◾ Os supostos nos que o paciente, unha vez requirido para a realización da asistencia, non se presente á citación, se negue a facela ou a pospoña.
 

◾ Aquelas situacións nas que rexeite a oferta de asistencia noutro centro sanitario do Sistema Público de Saúde de Galicia.