Unha vez que vostede esgotara o prazo máximo en espera estrutural ou 140 días desde a súa inclusión no Rexistro de pacientes en espera cirúrxica, pode dirixirse ao Servizo de Admisión do seu hospital, onde lle axudarán a realizar os trámites necesarios.
Desde o momento que vostede comunique a súa preferencia, o Servizo Galego de Saúde, no prazo de 30 días poderá:
◾ Autorizar a atención no centro proposto
◾ ou derivalo a un centro do Sistema Público de Saúde de Galicia para a realización da intervención, nun prazo que haberá de ser como máximo igual ao do centro escollido.
Se non lle resposta de xeito expreso nese prazo, entenderase que se lle autoriza a atención no centro elixido.