Pódenme realizar a intervención cirúrxica nun centro diferente ao que me corresponde?

Pódenme realizar a intervención cirúrxica nun centro diferente ao que me corresponde?

Para os procesos asistenciais cirúrxicos garantidos, co fin de que a atención sanitaria no ámbito hospitalario do Sistema Público de Saúde de Galicia sexa dispensada de acordo cunhas demoras máximas nos tempos de resposta, se comprobada a espera prevista no centro ou complexo hospitalario que lle corresponde ao paciente, esta supera o tempo máximo garantido, o Servizo Galego de Saúde ofertaralle a realización da prestación noutro centro alternativo do Sistema Público de Saúde de Galicia ou nun centro concertado. A oferta de centro concertado só se poderá realizar cando non exista unha alternativa nun centro de carácter público que garanta a atención no prazo máximo establecido.
O paciente sempre poderá optar por aceptar ou rexeitar o centro ou centros alternativos ofertados.
 
(Artigo 12 do Decreto 105 /2017, de 28 de setembro, polo que se regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas).