Programas de asistencia a trastornos adictivos

Programas de asistencia a trastornos adictivos

 

O obxectivo destes programas é a realización de asistencia sanitaria especializada e atención desde un enfoque biopsicosocial a persoas con trastornos adictivos, atendendo á planificación e criterios, guías e procedementos establecidos polo Servizo Galego de Saúde. No desenvolvemento destes programas, atenderase toda a demanda que se xere neste período respectando os principios de universalidade, anonimato, voluntariedade e gratuidade.
A prestación sanitaria axustarase ao disposto pola Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia no tocante á atención especializada e comprenderá, entre outras, as funcións de prescrición e procedementos diagnósticos e terapéuticos, rehabilitación en pacientes con déficit funcional recuperable, a educación para a saúde no seu ámbito de actuación e a realización das prestacións sociosanitarias que correspondan con este nivel de asistencia en coordinación co sistema de servizos sociais.
 
Entidades que desenvolven estes programas. Anos 2014 e 2015.
 
  
Asociación Cidadá de Loita contra a Droga “ACLAD”. A Coruña.

Concello de Burela

Concello de Ribeira
Asociación Exalcohólicos L.M. Morás. A Coruña.

Concello de Cangas

Concello de Santiago
Asociación Ferrolá de Drogodependencias (ASFEDRO). Ferrol.

Concello de Carballo

Concello de Vigo
Asociación Exalcohólicos de Ferrolterra. Ferrol

Concello de O Grove

Concello de Vilagarcía de Arousa
Fundación Monte do Gozo (Proxecto Home). Santiago

Concello de Monforte de Lemos


Asociación Cruz Vermella de Lugo. Lugo

Concello de Noia


Asociacion As Burgas. Ourense.

Concello de Ourense


Asociación Cidadá de Loita contra a Droga “Alborada”. Vigo

Concello de Pontevedra


Asociación Viguesa de Alcoholoxía (ASVIDAL). Vigo.

Concello de Porriño