Documentación que se ten que presentar para o reintegro de gastos de produtos farmacéuticos
Xunto coa solicitude de reintegro presentarase a seguinte documentación:
- Informe médico dun facultativo do Servizo Galego de Saúde que xustifique a necesidade de utilización do medicamento, producto sanitario ou dietoterápico.
- Tique-factura orixinal da oficina de farmacia ou establecemento expendedor, con indicación dos productos dispensados e a data de adquisición.
- No seu caso, certificado do INSS, relativo á situación do usuario.
- Outra documentación que se estime necesaria a efectos de xustificar a petición de reintegro de gastos.