Por unha Atención Primaria mellor

Por unha Atención Primaria mellor

Novas accións e medidas para transfornar e modernizar a atención primaria

MÁIS SERVIZOS


POSTA EN MARCHA DOS PLANS LOCAIS DE SAÚDE
Ferramenta que permite mellorar a organización interna dos centros de saúde en función das necesidades dos profesionais e da poboación, o que permitirá ofrecer máis e mellores servizos.

IMPLANTACIÓN DA XESTIÓN INTEGRAL DA DEMANDA EN EQUIPO (XIDE)
Permite ofrecer á cidadanía citas dirixidas por motivo de consulta, o que reduce os tempos de espera para resolver as súas demandas.

MAIOR ACCESIBLIDADE PARA A RENOVACIÓN DE RECEITAS
Farmacéuticos e técnicos de saúde únense aos médicos de familia, como profesionais que poden renovar tratamentos crónicos diminuíndo así as demoras para este servizo.

SOLICITUDE DE TODO TIPO DE PROBAS DIAGNÓSTICAS
Profesionais de medicina de familia, pediatría, enfermaría e farmacia terán acceso á solicitude da totalidade de probas diagnósticas dispoñibles na súa área sanitaria, conseguindo así unha atención primaria máis resolutiva.

DEVOLUCIÓN DAS CHAMADAS NON ATENDIDAS
A implantación do sistema CRM100 permite que os persoal administrativo dos centros de saúde devolva en menos de dúas horas todas as chamadas telefónicas que non foron respondidas.

PLAN DE INFRAESTRUCTURAS SANITARIAS DE ATENCIÓN PRIMARIA
Contempla a posta en marcha de 37 novos centros de saúde e a ampliación e reforma doutros 14. Desde 2009 investíronse 120 millóns en novos centros e reformas.



MEDIDAS DE APOIO Á XESTIÓN


ATENCIÓN SOBRE O CORONAVIRUS
Habilitouse o teléfono 881540045 para a xestión das autodeclaracións, petición de probas PCR en pacientes con síntomas leves ou solicitude do certificado de vacinación.
Máis información en coronavirus.sergas.gal

CENTRAL DE SEGUIMENTO DE CONTACTOS COVID
Posta en marcha deste organismo para o seguimento de casos e contactos e xestión de probas diagnósticas que contribúan á detección da COVID.

OFICINAS DE FARMCIA MAIS RESOLUTIVAS
Acordouse cos colexios de farmacéuticos que as oficinas de farmacia poidan imprimir certificados de vacinación e realización de probas diagnósticas.

ACTIVACIÓN DAS AXENDAS DE CALIDADE
Que permiten garantir unha prestación homoxénea dos servizos, mellorar a organización, optimizar o traballo dos profesionais, organizar e xestionar o tempo de consulta, ou facilitar o desenvolvemento de actividades fora do centro de saúde.

MELLORA DO PORTAL “E-SAÚDE”
É-Saúde ofrece a dispoñibilidade inmediata a través de internet dos resultados de analíticas, partes de baixa e alta laboral e informes de saúde laboral.​