Desprazamentos

Desprazamentos

INFORMACIÓN PARA CIDADÁNS

Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orden ten por obxecto regular os requisitos e o Procedemento de compensación dos gastos derivados dos traslados por motivos diagnósticos ou terapéuticos cando non estea prescripto o transporte sanitario por ambulancias. 
Quen pode solicitar a prestación?

Terán dereito á compensación destes gastos as persoas usuarias que dispoñan de tarxeta sanitaria en vigor emitida polo Servizo Galego de Saúde, que teñan autorizado o desprazamento a outro centro sanitario con fins asistenciais por criterio médico.

Así mesmo, as axudas poderán ser recoñecidas a unha soa persoa acompañante nos seguintes casos: 
a) Pacientes menores de dezaoito anos.
b) Pacientes maiores de idade que dispoñan de medidas de apoio para o exercicio da súa capacidade xurídica e toma de decisións.
c) Pacientes cun grao de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65%.
d) Pacientes non incluídos/as nas letras anteriores, que se atopen nunha situación clínica que requira realizar o desprazamento con persoa acompañante, necesidade esta que deberá ser indicada polo persoal facultativo asistencial.
Para os efectos da compensación de gastos prevista nesta orde da persoa acompañante, entenderase como orixe o domicilio habitual do paciente.
Requisitos para ter dereito á compensación e supostos
1. A necesidade do desprazamento, así como as súas condicións, será indicada polo/a médico/a do Sistema Público de Saúde de Galicia responsable do/a paciente, ou autorizada polo órgano competente en materia de Asistencia Sanitaria no caso da segunda opinión.
2. O/a paciente poderá solicitar a compensación dos gastos no seguintes supostos:
a) Os gastos por desprazamentos que se produzan por diagnóstico ou tratamento dentro da Área Sanitaria, cando teñan a súa causa en:
  • Tratamentos de diálise, rehabilitación, quimioterapia, radioterapia e outros tratamentos para o cancro.
  • Outros tipos de tratamentos que precisen realizar un número igual ou superior a 8 asistencias en períodos de 30 días.

b) Os gastos por desprazamento, manutención e aloxamento que se produzan por diagnóstico ou tratamento fóra da Área Sanitaria, da Comunidade Autónoma ou fóra do territorio nacional, nos seguintes casos:

  • Para diagnóstico, confirmación de diagnóstico ou tratamento dunha enfermidade rara, entendendo por tal aquela cuxa prevalencia é inferior a 5 casos por cada 10.000 persoas na Unión Europea.
  • Para o exercicio do dereito a unha segunda opinión médica.
  • Para recibir algún tipo de tratamento que non se realice no hospital de orixe.
    Deberán contar necesariamente coa previa autorización da Xerencia da referida área sanitaria ou do órgano competente en materia de Asistencia Sanitaria, de ser o caso.
Exclusións

Non se compensarán os gastos de desprazamentos, aloxamento e manutención nos seguintes casos:

a) Os desprazamentos que se realicen con orixe e destino dentro do mesmo municipio.

b) Os desprazamentos non autorizados que se efectúen por iniciativa da persoa interesada, caso no que os custos serán ao seu exclusivo cargo.

Forma, lugar e prazo de presentación da solicitude

1. A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ANEXO I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
  • Opcionalmente, poderase presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da xunta de Galicia.
  • No ccaso de falecemento da persoa titular da axuda, poderá presentar a solicitude a persoa que acredite, segundo corresponda, o dereito á axuda ou o reintegro.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun ano a contar desde a data do desprazamento, e dirixirase á xerencia da área sanitaria de referencia do/da paciente.

Documentación a presentar

  • Solicitude de reintegro de gastos en modelo normalizado (código de procedemento: SA462D-G.pdf), asinada polo usuario ou o seu representante legal debidamente acreditado, de selo caso.
  • Xustificante orixinal de estancia no centro sanitario indicando os días de ingreso ou consulta.
  • O centro sanitario de destino deberá acreditar a condición de persoa acompañante mediante informe xustificativo especificando a data.
  • Facturas ou documentos acreditativos que xustifiquen debidamente o pagamento, dos gastos do desprazamento, no caso de realizarse en transporte público, do/da paciente e, no seu caso da persoa acompañante, tras recibir a asistencia sanitaria.
  • Facturas ou documentos acreditativos que xustifiquen debidamente o pagamento, dos gastos de aloxamento e manutención do/da paciente e, no seu caso, do acompañante.
  • Certificado de discapacidade emitido por unha Comunidade Autónoma distinta da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Outros documentos acreditativos que sexan requiridos para esclarecer os feitos expostos na solicitude.
    Nunha única solicitude poderase incorporar a documentación relativa a diferentes viaxes que cumpran o prazo de presentación.
Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada, de conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, ou que consten en poder da Administración actuante agás que a persoa interesada se opoña a sua consulta.

Prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes será dun ano, a contar desde a data do desprazamento, e dirixirase á xerencia da área sanitaria de referencia do/da paciente.

Sistema de pagamento
Os aboamentos faraos efectivos a área sanitaria competente para resolver, mediante transferencia bancaria á conta reseñada na solicitude do reintegro de gastos.
Onde acudir en caso de dúbida
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza
Dirección de Recursos Económicos da EOXI de Santiago de Compostela e Barbanza
Servizo de Prestacións e Concertos da EOXI de Santiago de Compostela e Barbanza
Travesía da Choupana, s/n
15706 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981955479
Email: galrreeconc@sergas.es
Área Sanitaria de Ferrol
Dirección de Recursos Económicos de Ferrol
Avda. da Residencia, s/n
15405 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981334067
Email: prestacionseconcertos.ferrol@sergas.es
Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Dirección de Recursos Económicos de Pontevedra
Unidade de Concertos de Pontevedra
Avda. de Vigo, nº 16
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986800000
Email: concertos.pontevedra@sergas.es
Área Sanitaria de Lugo, a Mariña e Monforte de Lemos
Rúa Dr. Ulises Romero, nº 1
27003 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982296920
Email: prestaciones.eoxi.lugo@sergas.es
Área Sanitaria de A Coruña e Cee
Dirección de Recursos Económicos de A Coruña
Reintegro de Gastos de A Coruña
Paseo do Xeneral Sir John Moore
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981176634/ 981155677
Email: UPOrtoprotesis.XCO@sergas.es
Área Sanitaria de Vigo
Dirección de Recursos Económicos de Vigo
Unidade de Concertos e Prestacións de Vigo
Avda. Camelias, nº 109 (Hospital Nicolás Peña-Pavillón 8)
36211 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986219254
Email: gastos.dsprazamento.vigo@sergas.es
Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
Dirección de Recursos Económicos de Ourense
Calle Ramón Puga, nº 52-54 (Hospital Santa María Nai)
32005 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988385311
Email: xestion.prestacions.ourense@sergas.es