Consulta Historia Clínica e Farmaco - terapéutica

Consulta Historia Clínica e Farmaco - terapéutica

A Historia Clínica Electrónica en Galicia é o rexistro unificado de toda a información clínica procedente de actividades relacionadas coa saúde: consultas, intervencións cirúrxicas, probas diagnósticas, prescricións farmacolóxicas, etc... realizadas a un cidadán nos diferentes niveis asistenciais que compoñen o Servizo Galego de Saúde.

 

Este sistema, denominado IANUS, ofrece a información clínica dispoñible para un cidadán, independentemente do hospital e/ou centro de saúde de Galicia no que se rexistrara.

 

A través dos accesos publicados a continuación, vostede terá acceso a:

  1. Os distintos tipos de documentos que conforman a información clínica xerada en formato electrónico no Servizo Galego de Saúde a través da plataforma É-Saúde.
  2. A Documentación clínica dispoñible nos Servizos de Saúde das Comunidades Autónomas conectadas a través do proxecto Historia Clínica Dixital do Sistema Nacional de Saúde (HCDSNS).

Tanto en E-Saúde como en HCDSNS iránse incorporando progresivamente os distintos tipos de documentos dispoñibles que forman parte da historia clínica dos cidadáns galegos.