Aplicación móbil AVATAR

Aplicación móbil AVATAR

AVATAR ten como finalidade última o desenvolvemento e posta en funcionamento dun sistema de información centrado na asistencia e axuda aos usuarios dun sistema de saúde, prestando especial atención a aqueles que presentan déficit cognitivo e cidadáns senior.

Este novo sistema de información dirixido a pacientes e coidadores, persegue aumentar a calidade de vida dos primeiros potenciando a súa autonomía e independencia. AVATAR facilita o acompañamento no día a día do paciente atendendo as súas solicitudes de información a través dun sistema de interacción conversacional que soporta a comunicación natural mediante texto e voz. O módulo de voz integrado tamén dá vida a pictogramas, locutando a descrición dos mesmos e facilitando así a comunicación de persoas con perfil de espectro autista. Disponse ademais dun módulo de visualización de escenas co que se pode xerar e transmitir información dunha forma amena e amigable. Adicionalmente, inclúe distintos módulos de monitoraxe avanzada que posibilitan a xeración de alertas intelixentes a través do rexistro e procesamento de distintos valores vinculados aos pacientes, por exemplo, información de xeolocalización dun paciente.

AVATAR contempla a figura do acceso delegado dun cidadán en favor doutro cidadán. No caso de que un usuario dispoña dun acceso delegado sobre outro usuario, poderá acceder á aplicación "en nome de" a persoa sobre a que dispón do devandito acceso delegado, podendo traballar na mesma coma se se tratase do propio cidadán sobre o que se adquiriu o dereito e deber do devandito acceso.

Para acceder a AVATAR é necesario ter unha conta de Chave365/Certificado dígital e estar dado de alta na plataforma É-Saúde do Servizo Galego de Saúde. Pode obter máis información destes servizos nas seguintes ligazóns:


presentacion_avatar.png 


Listaxe e Descrición de funcionalidades

  • Comunicación:
    • Interacción co SERGAS mediante AVATAR de forma oral e escrita.
      Permite a personalización do AVATAR SERGAS por parte do cidadán, permitindo modificar as características do mesmo para ter unha experiencia de usuario próxima, permitindo configurar non só o aspecto físico (cara, ollos, boca...) se non tamén o idioma seleccionado (castelán ou galego) para a conversación.
    • Intérprete, a través de pictogramas orientados a persoas con perfil de espectro autista.
      O intérprete é unha funcionalidade que permite ao usuario comunicarse trasladando a unha locución (voz) distintas accións ou emocións que o mesmo selecciona directamente na aplicación a través de figuras. Actualmente dispón de dous niveis de selección que permite a construción de mensaxes.
  • Chamada aos meus Contactos / chamada de Emerxencia:
    • A opción "chamar aos meus contactos" é unha funcionalidade que permite chamar a unha serie de contactos preconfigurados. A selección das persoas ás que se vai a poder chamar realízaa o usuario a través da opción de menú de "axustes", seleccionando contactos de entre os que o usuario teña configurados no seu smartphone.
    • A opción para a chamada de emerxencia visibilízase a través do botón SOS, que se sitúa na parte superior dereita da pantalla. A chamada de emerxencia desencadea unha chamada automática (e secuencial) a aqueles contactos que foron configurados polo usuario. A orde no que se chama (a quen se chama primeiro) pode ser configurado polo usuario
  • A miña localización actual / alerta de localización (control de errantes):
    • A alerta de localización móstrase en caso de excederse o radio máximo configurado polo cidadán a partir dun punto que define de referencia para a súa localización. A alerta que se activa permite CHAMAR á lista de contactos preconfigurados para dar a "voz de alarma" ou ben permite o VER LOCALIZACIÓN, mostrando sobre o mapa a localización actual do cidadán que xerou a alerta.
  • Axenda (Ex.: consulta de citas):
    • Trátase dunha funcionalidade que permite consultar as citas a futuro tanto en Atención Primaria como Atención Hospitalaria.
  • Información de interese (Farmacias, Centros de urxencias e e-Servizos):
    • Farmacias abertas
      Permite a consulta das farmacias abertas ordenadas en base á menor distancia coa localización actual do usuario (móstranse primeiro as máis próximas).Permite situar as farmacias no mapa e realizar unha chamada telefónica ás mesmas.
    • Centros Atención de Urxencias
      Permite a consulta dos centros de urxencias ordenados en base á menor distancia coa localización actual do usuario (móstranse primeiro os máis próximos). Permite situar os centros no mapa e realizar unha chamada telefónica aos mesmos directamente desde a aplicación.
    • e-Servizos
      Permite o acceso aos seguintes servizos virtuais do SERGAS: Anulación ou atraso de citas hospitalarias, Acceso ás aplicacións móbiles do SERGAS, Buscador de centros, Campaña de vacinación antigripal, Cita en Atención Primaria, Consulta da lista de espera cirúrxica, Contacte, Solicitude de cambio de médico de familia, Solicitude de tarxeta sanitaria e Subscripción aos servizos de avisos e notificacións.

​​Descarga

app-store.png play_store.png