A Subdirección Xeral de Atención Hospitalaria

A Subdirección Xeral de Atención Hospitalaria

A Subdirección Xeral de Atención Hospitalaria é o órgano ao cal lle corresponde o exercicio das seguintes funcións:

a) Analizar e avaliar a información sanitaria procedente dos indicadores de actividade dos centros sanitarios hospitalarios e áreas sanitarias.
b) Controlar a xestión das demoras cirúrxicas, probas diagnósticas e consultas dos centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde.
c) Coordinar a elaboración dos obxectivos asistenciais dos acordos de xestión cos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde e realizar a súa avaliación.
d) Elaborar, coordinar e realizar o seguimento dos programas asistenciais que deriven das diferentes estratexias no ámbito hospitalario.
e) Promover as estratexias, iniciativas, procesos e ferramentas orientados á implantación de boas prácticas de cara á mellora continua da efectividade e eficiencia da atención hospitalaria.
f) Definir e por en marcha o sistema de xestión da calidade para o Servizo Galego de Saúde.
g) Supervisar o cumprimento efectivo dos dereitos, deberes e garantías sanitarias, especialmente no que respecta aos tempos de resposta.
 
Adscríbese a esta Subdirección Xeral a Comisión Central de Documentación Clínica para a Historia Cínica Electrónica IANUS.
 
Para o desenvolvemento das súas funcións, contará con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:
  • Servizo de Atención Hospitalaria (Funcións):

 

  • a) A avaliación, a análise e o seguimento da actividade asistencial e das demoras de acceso á asistencia sanitaria.
  • b) A análise das necesidades de información no ámbito clínico asistencial en coordinación coa Subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información da consellería competente en materia de sanidade.
  • c) A coordinación do deseño e o desenvolvemento da documentación clínica electrónica, así como a avaliación dos obxectivos e contratos de xestión coas áreas sanitarias.
  • d) A elaboración, a avaliación, o seguimento e a actualización das estratexias e dos indicadores orientados a garantir os dereitos da cidadanía e, en xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito de actuación, lle sexan asignadas.

 

  • Servizo de Calidade Asistencial (Funcións):

 

  • a) A definición do sistema de xestión da calidade para o Servizo Galego de Saúde.
  • b) O desenvolvemento, a coordinación e a avaliación da posta en marcha dos plans de calidade dos centros sanitarios.
  • c) A posta en marcha das normas de calidade e seguridade que aprobe a consellería competente en materia de sanidade e demais autoridades competentes.
  • d) A implantación dos indicadores que permitan comparar a calidade e seguridade dos centros de forma sistematizada e articular un sistema de información integrada de indicadores de calidade e seguridade.
  • e) A implantación e a xestión dun sistema de avaliadores internos de sistemas de xestión da calidade.
  • f) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

  • Servizo de Codificación Clínica e Análise (Funcións):

  • a) A clasificación, catalogación e codificación no ámbito clínico asistencial e a coordinación técnica das unidades e comisións de codificación.
  • b) A implantación de sistemas de medida baseados na casuística dos/das pacientes e produción dos servizos sanitarios.
  • c) A análise e o seguimento dos resultados en saúde dos procesos clínico-asistenciais.
  • d) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

  • Servizo de Normalización e Integración da Información (Funcións):

  • a) O establecemento de medidas que aseguren unha información de calidade, comparable e imparcial e a normalización dos procesos asociados á xestión da información asistencial.
  • b) A definición de indicadores aliñados coa estratexia e os obxectivos establecidos polo Servizo Galego de Saúde.
  • c) A integración da información relacionada cos procesos asistenciais e a súa accesibilidade, e a organización e interrelación da información asistencial.
  • d) O desenvolvemento de instrumentos que favorezan a integración e a xestión por procesos.
  • e) En xeral, aqueloutras funcións que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.