Un Certificado Dixital é un conxunto de datos que permiten a identificación do titular do Certificado, intercambiar información con outras persoas e entidades, de maneira segura, e firmar electrónicamente os datos que se envían de tal forma que se poida comprobar a su integridade e procedencia.
O Certificado Dixital garante:
- A autenticidade das persoas e entidades que interveñen no intercambio de información.
- Confidencialidade: que só o emisor e o receptor vexan a información.
- A integridade da información intercambiada, asegurando que non se produce ningunha manipulación.
- O non repudio, que garante ó titular do certificado que ninguén máis que el pode xerar unha firma vinculada ó seu certificado e lle imposibilita a negar a súa titularidade nas mensaxes que teña firmado.