Obxectivo e finalidades

Obxectivo e finalidades

A Lei 8/2008, do 10 de xullo, prevía a división en áreas sanitarias como demarcacións territoriais equivalentes ás áreas de saúde recollidas no artigo 56 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade. A experiencia acumulada desde a creación e posta en marcha das estruturas organizativas de xestión integrada puxo de manifesto que a actual división territorial e funcional do Sistema público de saúde de Galicia está ligada á delimitación territorial das ditas estruturas.
O que se pretende coa nova organización funcional destas estruturas é garantir un fortalecemento do nivel de atención primaria e reforzar a súa visualización para potenciar os recursos existentes neste nivel asistencial, entendendo que é o máis axeitado para a atención que precisarán estes pacientes. Por iso, o novo modelo quere potenciar esta asistencia, quedando claramente reflectida nas estruturas organizativas periféricas do Servizo Galego de Saúde para outorgar a relevancia como principal eixe vertebrador.
 Son os seus obxectivos:
– Outorgar á atención primaria o valor inherente que por si mesma ten este nivel asistencial, sen perder a transversalidade na xestión dos procesos asistenciais co nivel de atención hospitalaria. A atención primaria é o elemento clave e fundamental sobre o que se vai pilotar o novo modelo de atención ao/á paciente galego/a, especialmente no caso dos pacientes crónicos. Un modelo de atención primaria aberto ás persoas, cun compoñente comunitario e social inherente ás necesidades actuais.
– Contar cos/coas pacientes, coas persoas e coa cidadanía. A voz dos/das pacientes e das asociacións de pacientes, as súas demandas e preocupacións serán tamén un obxectivo principal nestas estruturas.
– Garantir a equidade, accesibilidade, continuidade, calidade e seguridade da atención, con priorización segundo os criterios de planificación, gravidade, urxencia e frecuencia establecidos.
– Minimizar a variabilidade clínica e eliminar a duplicidade de procedementos diagnósticos e terapéuticos mediante a implantación das recomendacións contidas nas guías e vías de práctica clínica.
– Garantir a transparencia e a autonomía de decisión dos/das pacientes establecida na lexislación vixente, mediante o desenvolvemento adecuado dos sistemas de información e comunicación.
– Orientar a xestión dos recursos arredor dos problemas de saúde e, especialmente, os priorizados polas directrices sanitarias da Consellería de Sanidade segundo a súa repercusión sanitaria na saúde dos/das doentes.
– Utilizar eficientemente todos os recursos mediante a promoción do traballo en equipo e a implicación dos/das profesionais na xestión