Política de privacidade SIGUE (Sistema Intelixente de Xeolocalización de Usuarios en Edificios)

Política de privacidade SIGUE (Sistema Intelixente de Xeolocalización de Usuarios en Edificios)

Aviso Legal

 

A través do presente aviso, o Servizo Galego de Saúde (en adiante Sergas), informa aos usuarios desta aplicación acerca da súa política de protección de datos persoais, coa finalidade de que decidan libre e voluntariamente se desexan facilitar ao Sergas os datos persoais que lle poidan ser solicitados. Salvo que se estableza o contrario de xeito específico, o usuario deberá completar todos os datos solicitados como obrigatorios nos formularios da aplicación. En caso de que non se subministren todos os datos necesarios nos formularios, o Sergas non poderá non poderá prestarlle un(s) determinado(s) servizo(s) dispoñibles na app.

 

O usuario deberá encher os formularios con datos verdadeiros, exactos, completos e actualizados. O usuario será o responsable de calquera dano ou perxuízo, directo ou indirecto que puidera ocasionar ao Sergas ou a un terceiro a causa da cumprimentación dos formularios con datos falsos, inexistentes, incompletos ou non actualizados.

 

De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de Datos, en diante LOPD, infórmase aos usuarios da existencia de ficheiros automatizados nos que se almacenan os datos que se recollen dos distintos formularios desta aplicación.

 

Os ficheiros de datos son responsabilidade do Sergas , salvo que explicitamente se indique outro responsable para un ficheiro concreto.

 

Mediante o envío desta información, o usuario autoriza expresamente ao Sergas ou ao responsable do ficheiros que especificamente se indique a tratar os seus datos persoais, incluíndo aqueles relativos ás súas citacións médicas e a súa localización física na medida en que sexan necesarios para o cumprimento e mantemento das relacións entre as partes.

 

O Sergas ou aquela entidade que sexa en calquera momento responsable do ficheiro, comprométese a gardar confidencialidade respecto dos datos contidos no ficheiro automatizado de acordo coa lexislación aplicable ao efecto.​​