Liña de Servizos

Liña de Servizos

O obxecto da Fundación é a prestación de servizos especializados de consultoría, planificación, avaliación: 
  • Servizos especializados e integrais en prestacións oftalmolóxicas de alta complexidade. Na creación do INGO un dos obxectivos fundacionais foi poder dar resposta a una demanda crecente de tecnoloxía aplicada ó diagnóstico e ó tratamento en oftalmoloxía. 
  • Asesoría e consultoría no desenrolo de novas prestacións diagnósticas e/ou terapéuticas. 
  • Desempeño e implantación de sistemas de corrección ocular. 

O INGO actúa como centro de apoio dentro da Comunidade Autónoma para outros Hospitais. 

Os programas exixen a aplicación de técnicas instrumentais de diagnóstico e tratamento que precisan por unha parte persoal especializado e adestrado, e por outra a inversión e mantemento do equipo adecuado. 

Actualmente definiríamos asi a carteira de servizos: 

Diagnóstico por Imaxe

Inclúe diferentes métodos de exploración con recursos instrumentais actualizados que aportan información clave no diagnóstico de enfermidades oculares. 
  • Segmento anterior do ollo: 

Métodos de exploración da topografía corneal: Estudo das anomalías ou alteracións corneais que afectan á curvatura e á transparencia corneal baseados en técnicas de proxección – Videoqueratoscopio, técnicas de elevación-fendedura: ORBSCAN II, Aberrometría (Zyware): exploración das aberracións ópticas xeradas na córnea. 

Consiste en 3 unidades instrumentais baseadas en diferentes sistemas ópticos e consideradas fundamentais no diagnóstico de enfermidades cornéais e na evaluación pre e post cirúrxica (cirurxía refractiva, queratoplastia, segmentos intracornéais ou adaptación de lentes de contacto). 

BMU: Biomicroscopia Ultrasónica. Ecografía do segmento anterior en diagnóstico de procesos inflamatorios, tumorais ou traumáticos. Valoración pre e postcirúrxica. 

  • Diagnóstico por imaxe no glaucoma: 

​Unidades que aportan información importante no diagnóstico e control da evolución do glaucoma: 

    • Análise de Fibras do Nervio Óptico mediante exploración con GDX. 
    • Análise (screening) do campo visual co perímetro de dobre frecuencia e campimetría Humphrey 
    • Estudo do dano nas fibras do Nervio Óptico mediante OCT. 
  • Ecografía ocular:

​Ecógrafo de alta resolución empregado especialmente en diagnóstico de patoloxía tumoral do segmento posterior (apoio á unidade de retina do Servizo de Oftalmoloxía da área integrada de Santiago)

​Diagnóstico de patoloxía da retina e evolución pre e post operatoria ocular. 
  • Tomografía de coherencia óptica OCT

​Diagnóstico e evolución de patoloxía macular (DMAE, miopía alta, coroiditis serosa central, edema macular diabético, edema quístico postextracción catarata, etc.) 

Así as actividades do INGO que conforman a súa carteira de servizos son as seguintes: 

  • Programa de terapia macular/terapia fotodinámica. Tratamento Antianxioxénico intravítreo. O INGO mantén a unidade de Terapia Fotodinámica, como único método de fotocoagulación selectiva na neovascularización da mácula. Actualmente indicacións concretas en miopía alta e coroiditis central serosa. O INGO realiza tratamento da patoloxía macular, mediante inxección intravítrea de fármacos antianxioxénicos. 
  • Consultas de Telemedicina orientadas á patoloxía do fondo de ollo. 
  • Técnicas especiais de exploración e diagnóstico por imaxe.- Análise da topografía corneal e aberracións ópticas: Videoqueratoscopía, Orbscan, Aberrometría. 
  • Tomografía de Coherencia Óptica (OCT) 
  • Analizador de fibras do nervio óptico (GDX) 
  • Ecografía ocular 
  • Láser Neodimio Yag, Láser Argón e Fotocoagulación 
  • Biomicroscopía ultrasónica 
  • Electroretinografía (ERG) 
  • Programa de contactoloxía.- Aplicación de lentes de contacto especiais para corrección de alteracións corneais graves: queratocono, ectasias cornéais, traumatismos, cicatrices... 
  • Consultas de rehabilitación visual 
  • Consulting oftalmolóxico 
  • Cirurxía de Láser Excimer: 
    • Cirurxía refractiva de Láser Excimer para a corrección dos defectos da refracción: Miopía, hipermetropía e astigmatismo. 
    • Técnicas Lasik e PRK. 
    • Cirurxía terapéutica (PTK) para “ablación selectiva” de cicatrices superficiais da córnea, erosión corneal recidivante. 
  • Cirurxía da catarata. 
  • Cirurxía de vítreo-retina.- Tratamento cirúrxico mediante vitrectomía de procesos que cursan con desprendemento da retina. 
  • Crosslinking corneal.