Presentación

Presentación

A Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía (INGO), de competencia autonómica, nace por conversión do antigo Instituto Galego de Oftalmoloxía. 

Tras ser recoñecida pola Consellería de Sanidade e inscribirse no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Consellería de Presidencia e Administración Pública, queda validamente constituída como Fundación de Interese Galego. De acordo cos seus estatutos, é unha fundación pública benéfica e docente, con plena personalidade xurídica. 

Declarada de interese galego por Orde do 13 de xuño de 1986, da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e benéfico-docente por Orde do 17 de xullo de 1986, trasládase no ano 2001 e queda situada nas dependencias do Hospital Cirúrxico de Conxo, sito na Rúa Ramón Baltar, s/n. Santiago de Compostela. Número de rexistro sanitario: C-15-002194. 

É unha entidade sen ánimo de lucro constituída de modo duradeiro e cuxo obxectivo é a prestación de servizos especializados de consultoría, planificación, avaliación e prestación de servizos oftalmolóxicos de alta complexidade, docencia e investigación.