Delegación territorial de Vigo

Delegación territorial de Vigo

Delegación Territorial de Vigo

Edificio administrativo da Xunta de Galicia
Plaza de la Estrella, s/n-2º piso
36201 Vigo (Pontevedra)
Tel: 986817240
Correo-e: planificacion.sanitaria.xtpo@sergas.es

A Delegación Territorial de Vigo contará para o exercicio das súas competencias, en todo o ámbito provincial, co Servizo de Inspección dos Servizos Sanitarios, que dependerá organicamente da Xefatura Territorial de Pontevedra e funcionalmente da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade e ao cal lle corresponde a realización das funcións que se indican:

  • a) O desenvolvemento dos plans e programas de inspección no ámbito de servizos sanitarios e territoriais.
  • b) A inspección, avaliación e control da xestión e asistencia sanitaria prestada en todo tipo de centros e servizos, dos concertos e autorizacións de uso sanitario e a asistencia sanitaria prestada por mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, e empresas colaboradoras; dos dispositivos de coordinación de urxencias e prestacións sanitarias complementarias, dos dispositivos de transporte sanitario, así como a realización de propostas de autorizacións de centros e servizos sanitarios, da prestación farmacéutica e control de medicamentos e produtos sanitarios e do sistema de farmacovixilancia.
  • c) A inspección e control dos medios de publicidade do medicamento; as auditorías de garantía de calidade en protección radiolóxica; as auditorías e inspeccións de normas de correcta fabricación de laboratorios farmacéuticos e as auditorías e inspeccións de boas prácticas de distribución dos almacéns farmacéuticos de distribución; a inspección e control sanitario da incapacidade laboral e a colaboración coas entidades xestoras en materia laboral, así como a participación no equipo de valoración de incapacidades.
  • d) A inspección, avaliación e informe en relación cos aspectos sanitarios dos servizos de prevención de riscos laborais; instrucións do procedemento e elaboración dos informes técnico-sanitarios nos expedientes de responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria.
  • e) A ordenación de investigacións previas reservadas en procedementos sancionadores de centros, servizos ou establecementos sanitarios, así como en procedementos disciplinarios de persoal estatutario, coa obriga de comunicar o acordo á Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios; a instrución e proposta dos procedementos disciplinarios do persoal estatutario; a instrución e proposta dos procedementos sancionadores a establecementos farmacéuticos, e outros centros, servizos e establecementos sanitarios; a inspección e informe das actividades de investigación, así como da docencia pregraduada e posgraduada nos centros sanitarios e a realización dos informes preceptivos establecidos no Real decreto 1598/2004, do 2 de xullo, polo que se modifica o Regulamento xeral de condutores.
  • f) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.