Actualización de datos persoais

Actualización de datos persoais

Envíos de información personalizada. A maiores de dispor dun móbil ou conta de correo electrónico para realizar as actualizacións, require estar dado de alta en Tarxeta Sanitaria.

Dende este portal pode modificar os seus datos para notificacións dos servizos habilitados mediante certificado dixital, DNI electrónico ou chave365 aos servizos habilitados.

servizo_sms_correo.png

Benvido/a ao sistema de actualización de datos para notificacións do Servizo Galego de Saúde.

Para poder realizar os cambios necesarios na súa información debe dispoñer dun dispositivo móbil e, ademais, estar dado de alta no servizo de Tarxeta Sanitaria. Poderá efectuar esa actualización a través deste portal web empregando como sistema de acceso e autenticación tanto certificado dixital, como DNI electróico ou Chave365.

Coa finalidade de garantir a confidencialidade dos seus datos, para acceder a este servizo é indispensable que teña un certificado dixital de usuario válido, un DNI electrónico ou Chave365.

O uso indebido do certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365 será responsabilidade da persoa titular do mesmo.

Se non dispón dos mesmos ou quere solicitar a actualización de información de terceiras persoas, pode facelo persoalmente no seu centro de saúde ou no seu centro hospitalario de referencia.​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​