Á Vicesecretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, correspóndelle, como órgano de apoio ao Secretario Xeral, o exercicio das seguintes funcións:
- a) O apoio na xestión e o seguimento e coordinación das distintas unidades da Consellería, dos servizos administrativos do Servizo Galego de Saúde e demais entidades adscritas, así como a elaboración de estudos e propostas nas materias de estrutura, organización, deseño de procedementos administrativos, tanto nos servizos centrais como periféricos.
- b) Prestar asistencia técnico-xurídica e administrativa á persoa titular da Secretaría Xeral Técnica en todos os asuntos que esta lle encomende.
- c) Substituír a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería nos casos de ausencia, enfermidade ou vacante.
- d) A coordinación normativa da Consellería e do Servizo Galego de Saúde e o control da normativa sanitaria das comunidades autónomas e do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e da Unión Europea.
- e) O exame e coordinación dos proxectos normativos do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e das demais consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
- f) A coordinación dos asuntos da Comisión Delegada e do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e de asuntos dos órganos de participación nas institucións da Unión Europea que non estean expresamente asignados a outras unidades da Consellería ou do Servizo Galego de Saúde.
- g) A coordinación das publicacións da Consellería e do Servizo Galego de Saúde e da información estatística.
- h) A coordinación dos asuntos do Consello da Xunta de Galicia e da Comisión de Secretarios Xerais.
- i) A revisión e proposta de actualización da normativa sanitaria da Consellería e do Servizo Galego de Saúde, sen prexuízo das funcións que nesta materia lle poidan corresponder a outras unidades.
- j) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial lle sexan asignadas ou delegadas.
Contará, a nivel orgánico de servizo, coa seguinte unidade:
- Servizo de Xestión Administrativa, Publicacións e Estatística. (Funcións):
- a) O apoio administrativo no seguimento das accións de coordinación encomendadas á Vicesecretaría Xeral e na elaboración de propostas en materia de organización e deseño de procedementos administrativos, tanto nos servizos centrais como nos periféricos da Consellería.
- b) A participación no seguimento e actualización da normativa xurídica da Consellería, das comunidades autónomas, da Administración estatal e da UE.
- c) A xestión das publicacións da Consellería e do Servizo Galego de Saúde e as actuacións correspondentes como órgano coordinador en materia de estatística, formando parte do órgano sectorial.
- d) A elaboración do plan editorial da Consellería e do Servizo Galego de Saúde, así como a normalización e supervisión das memorias dos centros e servizos sanitarios.
- e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.