A Subdirección Xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información

A Subdirección Xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información

É a unidade responsable de planificar, executar e/ou coordinar calquera iniciativa que se leve a cabo no ámbito dos sistemas e tecnoloxías de información na Consellería de Sanidade, no Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas. No ámbito das funcións atribuídas a esta unidade atópanse a planificación estratéxica, o deseño, adquisición, implantación, formación, soporte, normalización e mantemento dos sistemas de información sanitarios e a plataforma e servizos TIC que os sustentan, elaborando as propostas relativas á normativa nese ámbito e as medidas técnicas de todos os proxectos que impliquen integrar ou compartir información nos centros sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, constituíndo a unidade de referencia para as unidades TIC dependentes da Consellería e do Servizo Galego de Saúde, e coordinará nese ámbito os plans de formación coas unidades competentes en materia de formación.

Correspóndenlle, así mesmo, as funcións de:

  • a) Asegurar a dispoñibilidade e integridade da información no sistema sanitario e da implantación de sistemas de xestión de seguridade, incluíndo o marco legal, e da calidade tanto da información como da plataforma e os servizos que a sustentan, realizando as auditorías que correspondan.
  • b) Coordinar as iniciativas de I+D+i no ámbito das TIC sanitarias e realizar a supervisión da plataforma tecnolóxica que dea soporte a estas actividades dentro do Sistema público de saúde de Galicia, en coordinación coas unidades competentes na materia.
  • c) Aqueloutras que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

Contará, a nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

  • Servizo de Xestión de Proxectos de Sistemas de Información. (Funcións):
    • a) A planificación, xestión e execución dos proxectos de sistemas de información nas áreas clínico-asistenciais, de xestión económica, de recursos humanos, inspección, aseguramento, planificación e saúde pública.
    • b) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.
  • Servizo de Soporte e Implantación. (Funcións):
    • a) A organización, planificación, xestión e supervisión do soporte, formación e implantación de aplicacións e sistemas informáticos nos seus distintos niveis de especialización, en todos os centros dependentes.
    • b) O aseguramento da calidade e seguridade destes.
    • c) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.
  • Servizo de Infraestruturas e Arquitecturas Tecnolóxicas. (Funcións):
    • a) A planificación, instalación e xestión da plataforma tecnolóxica: centro de proceso de datos, infraestrutura de servidores, «software» de base, sistemas de almacenamento, rede corporativa de voz e datos, telefonía IP, centrais de chamadas e a intranet e web da organización.
    • b) A elaboración e o aseguramento do cumprimento das políticas, metodoloxías e normativas TIC da organización.
    • c) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.